jueves, 21 de octubre de 2021
OS DE 2° XA TEMOS CARTEL!!!
Despois de moito traballo e esforzo, xa temos nome, libro e cartel!!
O próximo día comezaremos a inquietante historia que hai detrás de "No medio da noite".
Teredes novas nosas moi cedo!
martes, 19 de octubre de 2021
LUNA SE VA YA
Moi bo martes a tod@s!!
Hoxe queremos presentar ó grupo do Club de lectura de 3° da ESO "Luna se va ya".
Cinco mozos e mozas dispostos a embarcarse na aventura de ler: Lucía, Nahia, Selenia, Vanessa e Yago. De aquí o nome do club, formado pola primeira sílaba do seu nome. Son ou non uns artistas ata para iso?
Compartimos convosco algunhas fotos da primeira reunión, comezando a diseñar o cartel do grupo.
Ata pronto!!
lunes, 18 de octubre de 2021
FELIZ DÍA DAS ESCRITORAS 2021!!!
Moi bos días a todos!
Hoxe conmemoramos a todas aquelas mulleres que tiveron a valentía e o coraxe de poñer as súas verbas por escrito para deixar a súa pegada na historia.
Grazas por levarnos a un mundo de fantasía, de aventuras, de misterio, de maxia, de paixón.
Feliz día das escritoras!!
viernes, 15 de octubre de 2021
"Tonto el que no lea"
Boas amigos!!
Presentámovos hoxe o primeiro dos grupos do noso club. O alumnado de segundo da ESO xa ten nome para o seu grupo: "Tonto el que no lea" e neste primeiro trimestre imos ler a obra "Invisible" de Eloy Moreno.
Deixámosvos algunhas pegadas do noso primeiro día, elaborando o cartel do noso club.
Pronto teredes novas nosas!!
miércoles, 13 de octubre de 2021
Un novo curso, un novo rumbo.
Ola a todos!!!
Un novo curso comezou e, malia que aínda as medidas da Covid están presentes no noso cole (e nas nosas vidas), tamén iniciamos un novo rumbo para o noso Club de Lectura.
Nesta nova aventura, alumn@s de 1°, 2° e 3° da ESO embarcaranse nun navegar entre libros onde descubrirán a maxia das verbas. Queredes acompañalos? Pois non vos perdades nin un só dos post que imos ir subindo ó longo do ano.
Feliz curso a todos e Benvidos ao Club de Lectura "O faro das verbas".
viernes, 27 de noviembre de 2020
¡Xa estamos de novo aquí!
Ooooooola compañeiros!!
Seguro que nos botábades de menos, non si? Pois... ¡xa estamos outra vez aquí!
No medio desta terrible pandemia non é sinxelo formar un club de lectura pois, coma seguro que xa sabedes, este ano non podemos xuntarnos os diferentes cursos e iso repercute no noso club.
Mais, non vos preocupedes! Aquí seguimos os máis valentes para continuar co marabilloso labor da lectura.
Hoxe inauguramos a primeira entrada do noso blog neste novo curso cun libro elaborado polos nosos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria.
“ As Pitas baixo a choiva”
https://www.facebook.com/16635
¡Disfrutadeo!
Teredes novas nosas moi pronto...
lunes, 18 de noviembre de 2019
CARTAS DE INVERNO
O libro que estamos a ler chámase Cartas de inverno.
É moi guai, mais da un pouco de medo. Conta unha historia dun rapaz que lle di ó seu amigo que nunca se atrevería a mercar unha casa enfeitizada. E mercouna. Agora está recibindo moitos faxes moooooi estranos que poñen verbas como "socorro" ou "axuda". E empeza a pensar que a vivenda está enfeitizada de verdade.
Agora mesmo deixámolo inspeccionando o faiado, onde atopou un libro moi grande que dentro ten un cadro dunha moza moi fermosa de 16 anos.
Este libro estame gustando moito.
Para o próximo día, contarémosvos máis... se sodos quen de agardar!!
Selenia Romero
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
