domingo, 11 de octubre de 2026

III Concurso de Micropesadelos







Xa está en marcha o noso tradicional concurso de Micropesadelos, organizado polo Club de Lectura e a Biblioteca Escolar.

Recordade as bases:

  • Poderá participar o alumnado de 3°EP a 4°ESO 
  • O relato debe conter unha temática relacionada co Samaín cunha extensión máxima 150 palabras
  • O plazo máximo de entrega será o Venres 23 de outubro.
  • Os gañadores serán anunciados na festa do Magosto/Samaín o mércores 28 de outubro.

Deixámosvos unha pegada das explicacións que os membros do Club foron facendo polas aulas, xunto o cartel do III Concurso de Micropesadelos.

Que comecen os xogos da creatividade!!

lunes, 28 de septiembre de 2026

Arrancamos!

 Moi boas tardes, astronautas!

Comezábamos fai unhas semanas unha nova viaxe: a deste curso 26/27. Agora, propoñémosvos unha nova misión: a de embarcar na nave do Club de Lectura!

Animádesvos a participar? Comezaremos o próximo martes 6 de outubro, ás 11, na Biblioteca Escolar.

Contamos contigo!


miércoles, 19 de agosto de 2026

Ola de novo!

Moi boas tardes a tod@s! 

Despois dunha tempada grande sen escribir neste blog, volvemos a retomar as publicacións para amosarvos o noso traballo no Club de Lectura. 

Así pois, prometemos estar máis actualizados neste novo curso escolar 26/27 e, para que vexades que estamos moi comprometidos, comezamos cunha publicación en agosto! 

Temos moitas cousiñas novas preparadas pero, antes de adiantarvos nada, deixámosvos unha breve pegada de todo o traballado o curso anterior. 

Esperamos que vos guste e que nos compañedes nesta nova etapa que queremos comezar no Club! 

Apertas! 

 - Ruler 
 - Breakout 
 - Vídeo 8M