martes, 30 de noviembre de 2021

Rumbo ó Nadal

Achégase o Nadal e no Club de lectura estase preparando unha boa... Darémosvos máis pistas ó longo destes dias. Non perdades ollo!! Mentres, deixámosvos coas primeiras pegadas dos de 1°. Sabedes que son? Tedes algunha idea do que imos a facer? Podedes deixarnos os vosos comentarios!!

miércoles, 24 de noviembre de 2021

#25N

Dende o club de lectura sumámonos á loita de todas aquelas mulleres que sofren calquera forma de violencia. #Nonestadessoas #Nonénon #Ennegrocontrásviolencias #25N

sábado, 20 de noviembre de 2021

Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

Bos días! Hoxe os profes desprazámonos ata Santiago para desfrutar das Xornadas de Bibliotecas Escolares para empaparnos de cultura e de novas ideas, para celebrar e compartir experiencias, para innovar e seguir aprendendo, para mellorar cada día. Sempre pensando na calidade da educación que queremos para os nosos estudantes.

martes, 9 de noviembre de 2021

“Invisible”

A quen non lle gustaría algunha vez ser invisible? E quen non querería deixar de selo? Estas e outras cuestións se nos plantexan na obra Invisible que tanto os de 3° coma os de 1° da ESO están a ler. Os máis cativos encontran este libro moi interesante, que te atrapa e só tes gañas de seguir lendo e coñecer toda a historia. Aínda que só levamos 50 páxinas, xa son moitas as teorías que xorden: - O rapaz vaise poñer ben e curará as súas feridas. - Tivo un accidente cos bici - Atropelouno un coche - Secuestrárono e sufriu maltrato - As feridas son feitas por el, son autolesións. - O neno sufría bulling: pegáronlle e rematou todo nun tráxico final. Cal será a historia real? Seguimos lendo...

martes, 26 de octubre de 2021

ARRANCAMOS OS DE PRIMEIRO!

Aínda que comezamos tarde, os alumnos e alumnas de 1° da ESO xa estamos en marcha. Hoxe eliximos o nome do noso grupo, o libro que queriamos ler e puxémonos mans á obra na elaboración do noso cartel. Aquí vos mostramos o noso progreso. Benvidos ó club de lectura "Calvos 1°ESO"!

jueves, 21 de octubre de 2021

OS DE 2° XA TEMOS CARTEL!!!

Despois de moito traballo e esforzo, xa temos nome, libro e cartel!! O próximo día comezaremos a inquietante historia que hai detrás de "No medio da noite". Teredes novas nosas moi cedo!

martes, 19 de octubre de 2021

LUNA SE VA YA

Moi bo martes a tod@s!! Hoxe queremos presentar ó grupo do Club de lectura de 3° da ESO "Luna se va ya". Cinco mozos e mozas dispostos a embarcarse na aventura de ler: Lucía, Nahia, Selenia, Vanessa e Yago. De aquí o nome do club, formado pola primeira sílaba do seu nome. Son ou non uns artistas ata para iso? Compartimos convosco algunhas fotos da primeira reunión, comezando a diseñar o cartel do grupo. Ata pronto!!

lunes, 18 de octubre de 2021

FELIZ DÍA DAS ESCRITORAS 2021!!!

Moi bos días a todos! Hoxe conmemoramos a todas aquelas mulleres que tiveron a valentía e o coraxe de poñer as súas verbas por escrito para deixar a súa pegada na historia. Grazas por levarnos a un mundo de fantasía, de aventuras, de misterio, de maxia, de paixón. Feliz día das escritoras!!

viernes, 15 de octubre de 2021

"Tonto el que no lea"

Boas amigos!! Presentámovos hoxe o primeiro dos grupos do noso club. O alumnado de segundo da ESO xa ten nome para o seu grupo: "Tonto el que no lea" e neste primeiro trimestre imos ler a obra "Invisible" de Eloy Moreno. Deixámosvos algunhas pegadas do noso primeiro día, elaborando o cartel do noso club. Pronto teredes novas nosas!!

miércoles, 13 de octubre de 2021

Un novo curso, un novo rumbo.

Ola a todos!!! Un novo curso comezou e, malia que aínda as medidas da Covid están presentes no noso cole (e nas nosas vidas), tamén iniciamos un novo rumbo para o noso Club de Lectura. Nesta nova aventura, alumn@s de 1°, 2° e 3° da ESO embarcaranse nun navegar entre libros onde descubrirán a maxia das verbas. Queredes acompañalos? Pois non vos perdades nin un só dos post que imos ir subindo ó longo do ano. Feliz curso a todos e Benvidos ao Club de Lectura "O faro das verbas".