lunes, 18 de noviembre de 2019

CARTAS DE INVERNO

O libro que estamos a ler chámase Cartas de inverno

É moi guai, mais da un pouco de medo. Conta unha historia dun rapaz que lle di ó seu amigo que nunca se atrevería a mercar unha casa enfeitizada. E mercouna. Agora está recibindo moitos faxes moooooi estranos que poñen verbas como "socorro" ou "axuda". E empeza a pensar que a vivenda está enfeitizada de verdade.

Agora mesmo deixámolo inspeccionando o faiado, onde atopou un libro moi grande que dentro ten un cadro dunha moza moi fermosa de 16 anos.

Este libro estame gustando moito. 

Para o próximo día, contarémosvos máis... se sodos quen de agardar!!


Selenia Romero

jueves, 17 de octubre de 2019

XA TEMOS CARTEL!!!

Xa estamos de volta!


Despois de decidir o nome do noso novo club... xa temos cartel

Lapis, cores, rotuladores e moita, moita imaxinación. Esperamos que sexa do voso gusto :)

Colocámolo enfrente da biblio do noso cole, para que todos o vexades e vos animedes a participar nesta fantástica actividade.

O próximo mércores anunciaremos o libro elixido para ler nestre trimestre... que nervios!!


Seredes quen de agardar até o mércores??





miércoles, 9 de octubre de 2019

Primeiro día no club de lectura!!


Ola amig@s!

Cinco alumn@s de 1º de ESO embarcámonos nunha nova aventura: participar no club de lectura do noso cole.

No noso primeiro día decidimos o nombre para o noso Club y tamén fixemos un pequeno debuxo.

Deixámosvos unha FOTO para que nos coñezades e pronto volveredes ter novas do noso club :)